Apunta a construcin en madeira como un xeito de dar valor a ese material

02 oct 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

O presidente da Fundacin Arume, Jos Carballo, ten moi claro que a mellor forma de combater a presenza do eucalipto en Galicia e conseguindo que outras especies, coma as conferas e as frondosas, sexan igual de rendibles. Porque, no momento en que isto suceda, a xente non vai ter a necesidade de plantar eucalipto, argumenta. O problema que Galicia non conta con tradicin no aproveitamento forestal de frondosas e conferas, pero non se pode pensar que se poden ter 600.000 ou 800.000 hectreas, que un terzo da superficie forestal galega, dedicada a paisaxe de carballos e castieiros sen conseguir un valor econmico, insiste. A construcin en madeira estrutural, cuestin arredor da que xirar o encontro Pieiros 23, que a fundacin organiza o prximo 10 de outubro en Santiago, constite unha clara alternativa para poer en valor esa madeira de conferas e de frondosas.

—Este ano presentronse os primeiros datos do inventario forestal de Galicia, algo que levan anos reclamando. Confirma que a situacin do monte como se pensaba?

—Reflicte o que nos temamos, que que hai algo de aumento no eucalipto e unha perda importante da superficie forestal de conferas. Temos que ter en conta que a industria forestal galega e a europea en xeral est moi baseada nas conferas. As tres cuartas partes dos empregos e do que achega este sector ao PIB faino a industria que transforma as conferas en Galicia. E estamos preocupados porque hai unha superficie de conferas e de frondosas sen valor econmico, sen xestin forestal, sen aproveitamentos mis que certa biomasa para churrasco.

—Ese un dos grandes problemas do sector forestal galego, non?

— un dos grandes problemas de Galicia. Nunha conferencia recente salientaba a importancia da cadea de valor da industria forestal se a comparas co resto das autonomas espaolas. Galicia pode presumir de ter superficie forestal, pero se a comparas con Baviera, que ten unha superficie forestal similar, aqu a industria factura 2.000 millns de euros e al 30.000 millns. Isto as porque teen unha industria de transformacin qumica e outra da construcin con madeira estrutural. Pero sobre todo, porque a Selva Negra alemaa ten un bosque de conferas moi ben xestionado e capitalizado ao longo dos ltimos 400 anos. Mentres que a situacin das frondosas en Galicia tradicionalmente non ten valor econmico, e iso que a metade de superficie forestal galega.

—Recentemente o Consello Galego da Cultura emita un informe dos danos que o aproveitamento madeireiro lle estaba a causar ao patrimonio natural.

—Hai unha serie de conceptos na sociedade galega e nos organismos institucionais respectables, que deben de ser analizados con mis desapaixonamento. Sobre todo agora que temos un inventario forestal obxectivable e demandando durante moito tempo. Est elaborado con criterios de sostibilidade e permite ir mirando mes a mes como evoluciona Galicia. Fai falla unha reflexin e debate sereno. Non se pode eucaliptizar Galicia, neso estamos todos de acordo. Pero non se pode pensar que se poden ter 600.000 ou 800.000 hectreas, que un terzo da superficie forestal galega, dedicada a paisaxe de carballos e castieiros sen conseguir un valor econmico. Porque quen mantn e xestiona todo isto? Quen mantn un parque natural de 800.000 hectreas para desfrute dos urbanitas? Os propietarios a costa do seu peto? Estsenos pedindo un bosque idlico, que algun ten que custodiar e xestionar sen que os propietarios tean un retorno econmico e iso unha utopa. Se non hai valor econmico vai haber abandono e se hai abandono, hai selvas e incendios. Temos que permitir unha xestin sostible de toda a superficie forestal, con biodiversidade e na que estean todas as especies.

—Como avanza a construcin en madeira estrutural en Galicia?

—Imos moi lento e, en volume xeral, estamos nunha cota simblica. Outras comunidades, como Catalua, Pas Vasco ou Navarra lvannos por diante dez ou quince anos. Calquera pas europeo est en cotas do 20 ou 30 %. Confiamos no maridaxe, na integracin co aceiro e co cemento, que co que se est facendo o 90 % da construcin en Espaa. Nos ltimos cen anos, a maneira de construr as casas cambiou moi pouco e a construcin en cemento e formign ten un desafo, que a industrializacin. O seu segundo problema a pegada de carbono. A madeira ven resolver eses dous problemas, porque sae de fbrica lista e aforra unha barbaridade de tempo e de custes. E ten un balance de emisins negativo.

—Nos ltimos meses estamos vendo que cae o prezo da madeira. algo conxuntural?

—A madeira vai ter o mesmo ciclo ca economa en xeral. Neste momento hai certa ralentizacin da demanda. Pero foi o eucalipto o que mis baixou, ata nove euros, mentres que o pieiro s caeu entre tres e catro euros e a sa rolla segue a pagarse moi ben. certo que hai unha ralentizacin pola guerra de Ucrana e a suba de tipos, que frean a construcin. Pero ningun pensa que isto sexa un ciclo a longo prazo nin que esas baixadas vaian durar mis dun semestre. Todos esperamos que sexa un ciclo curto.

—Estn notando que a xente planta cada vez mis pieiro en vez de eucalipto?

—Por suposto, estamos notando un relanzamento das plantacins de pieiro, e a onde queremos chegar. Pero est pouco profesionalizado. O crecemento da madeira ten ciclos longos e queremos acurtalos. Neste momento, conseguir madeira de rolla de pieiro tarda entre 25 e 30 anos e queremos acurtalo a 20 ou 22 anos. Estamos introducindo en Galicia toda a innovacin que teen os pases punteiros. Creemos que esta a maneira de axudar a Galicia, de que esta madeira compita co eucalipto. Que as conferas e frondosas dean madeira con mis rendibilidade leva a que a xente non sinta a necesidade de plantar mis eucalipto. A Xunta xa fixo o que tia que facer, e impuxo unha moratoria para o eucalipto. Entendemos que en Galicia hai producin de eucalipto suficiente para atender a demanda da industria. Pero os propietarios precisan que lles deamos unha alternativa rendible, igual co eucalipto. Isto se est facendo xa coas conferas e temos que seguir o mesmo camio coas frondosas.

Queremos levar ao monte galego unha xentica mis axeitada para producir madeira

O prximo 10 de outubro, a Cidade da Cultura de Galicia acoller unha nova edicin do encontro Pieiros, unha cita que xa ineludible para todos os representantes da industria forestal-madeira e que, este ano, dar un maior protagonismo a Euskadi. A xornada comezar cunha charla do arquitecto David Chipperfield, fundador e presidente da Fundacin Ra, e far un percorrido polos edificios de baixo impacto con conferas que se estn a construr no sur de Europa. Tamn haber un tempo para falar da mellora xentica do Pinus radiata, no que participarn investigadores asturianos e vascos. O papel da madeira noutros mbitos, como os mobles, o vio, a arte e o turismo centrar o terceiro bloque de debate.

—A construcin en madeira unha desas formas de darlle valor superficie forestal e diso van falar en Pieiros 23.

—Nese encontro imos tratar os dous eixos polos que traballa a Fundacin Arume. O primeiro que queremos levar ao monte galego unha xentica moito mis axeitada para producir madeira para a industria que hai en Galicia e para a que poida vir. Queremos ter madeira mis resistente ao cambio climtico e s pragas, que acurte quendas e que permita producir mis. O outro eixo como darlle valor a esa madeira, que hoxe vai, en gran parte, a utilizacins de pouco valor. Seguindo co exemplo de Baviera, a industria da construcin de madeira estrutural facturou al 7.000 millns de euros. Queremos traer iso a Galicia. A construcin en madeira aqu est despegando e queremos que a Xunta de Galicia incorpore, para toda a construcin pblica, un 20 % en madeira. Que todos os proxectos que levan axudas da Xunta incorporen tamn esa porcentaxe en madeira. Buscamos que a madeira sexa o elemento estrutural na construcin desas 1800 vivendas que vai facer o IGVS.

—E en Pieiros 23 poderemos ver varios exemplos do que se est facendo noutras zonas.

—Estamos buscando alianzas. O que traemos son obras exemplares e veen a explicalas os seus promotores. Queremos que nos conten que lles levou a construr en madeira estrutural, cal o relato que hai detrs… Traemos arquitectos de Espaa e de Francia e a David Chipperfield, que acaba de recibir o Nobel de arquitectura. un programa moi atractivo que busca mostrar o que se est facendo en materia de xentica e darlle madeira de Galicia un alto valor.