Ten mis de sesenta mil seguidores nas redes (sociais), que atende cando deixa as redes (de pesca).
22 ago 2023 . Actualizado a las 05:00 h.
Rogelio Santos (Porto do Son, 1977) , posiblemente, o marieiro mis famoso de Galicia. Dende que comezou a compartir as sas reflexins en Facebook acumula ducias de miles de seguidores en todo tipo de plataformas. Como o fai? difcil de dicir, o que seguro que fala moito. A partir de agora, lean as sas respostas utilizando a gheada e o seseo.
—Entre as redes do mar e as outras, non lle falta traballo.
—Eu son marieiro a xornada completa e non deixei de selo por esta nova faceta. A verdade que non era consciente do que era isto, porque cando che gusta algo moito, falo e xa est. Pero si que hai un esforzo detrs. Non s sacar as fotos, senn pensar como contar as cousas para que a xente as entenda, presentalo para que sexa interesante. E logo ler o que a xente che di.
—Uf. Moito choio.
— que falando non aprendes nada. Aprendes escoitando os demais. As que escoitando a outros marieiros que me escriben, ou xente da ciencia, doume conta de se me entenden, se lles preocupa, e iso axdame a crear os contidos. Non o fago por conseguir likes, por abrir una vent ao mundo do mar.
—Canto tempo lle dedica s redes, as sociais?
—Moito. Eu paso no mar unhas seis ou sete horas diarias como media. Nese tempo hai momentos mortos que podo facer cousas nas redes sociais. Se son sincero, as tres horas diarias non mas quita ningun. Creo que estou sacrificando un tempo no que podera facer outras cousas ou estar coas amizades.
—No mar, traballa para vostede?
—Son traballador por conta allea. Traballo na Milena, que unha planadora de sete metros co meu irmn, que o patrn e armador. Eu teo tamn titulacin de patrn de pesca, as que estou enrolado como segundo patrn.
—Moita xente monetiza o xito nas redes sociais. Igual vostede acaba deixando a planadora.
—Eu non quero deixar o mar; a mia vida e quero xubilarme nel. Toda esta actividade divulgativa pretendo seguir facndoa. Cando creei a pxina de Facebook comprometinme a falar de temas do mar e da horta e nin falar de poltica nin cobrar por publicar. Tampouco pagar. Non penso monetizar as mias redes sociais. verdade que nalgunhas charlas s que me invitaron cobrei os gastos de desprazamento. E declroo a Facenda, por suposto.
—Como empezou?
—Cando tia 14 anos morreu meu pai nun accidente no mar. Deixei os estudos e fun traballar na casa e, con 18, empecei no mar. Como tia a espia cravada de non ter estudado, hai cinco ou seis anos pxenme a sacar a ESO. Saquei terceiro e cuarto e os profesores animronme a que seguira co bacharelato. Agora fltanme catro materias. O profesor de literatura dxome que lle chamaba a atencin os comentarios de texto que faca e recomendoume que me expresase nalgn blog. As que fxenlle caso e comecei a escribir na mia pxina de Facebook. E vin que tia moitsimo xito. As respostas da xente animronme a escribir mis.
—A verdade que se lle ve moi solto.
—Hai uns anos pedronme que estivese na comisin de festas da mia vila e, anda que tia moitas inseguridades e complexos, a experiencia marcoume para ben, fxome perder medo.
—Sntese mis cmodo nunha plataforma que outra?
—Facebook permitame usar textos mis largos. Pero nos ltimos tempos, outras plataformas xa permiten textos e vdeos mis largos. As que fun buscando a maneira de chegar a todo tipo de pblico. E estou empezando a collerlle o tranganillo.
—Onde dira que est o truco do seu xito?
—O truco que non hai truco. Teo 64.000 seguidores en Facebook, 30.000 en Instagram, 17.000 en Twitter e os de TikTok. E nos ltimos tempos estn aumentando como nunca. O que demostra que o galego non un factor que limite. A xente da mia vila dime que o Rogelio das redes sociais o Rogelio que coecen de toda a vida. O que mis me din : Segue as. Dos que coezo son a persoa das redes sociais que menos haters ten.
—Como est o mar?
—Eu, cada vez que saio, encntrome un mar mis limpo. Cada vez hai mis conciencia, pero moitas das nosas ras non son tan produtivas porque durante anos sufriron moito e non se recuperan dun da para outro. Levar anos. O mar nai, ten moitas posibilidades de futuro, pero temos que axudarlle.
—Que o mis raro que sacou do mar?
—Nunca atopei un fardo de droga, se iso o que me pregunta, ha, ha. Seguramente un peixe voador na zona de Corrubedo.
—Cal o pescado que mis lle gusta comer.
—Ai! Tera que dicir o que menos me gusta comer, que o congro.
—Celta ou Dpor?
—O Queiruga, que ademais este ano fxenme socio protector.
—Moi ben, Celta ou Dpor?
—Ha, ha. Non podera dicir ningn dos dous.
—O pouco tempo que lle queda…
—Para a horta. Gstame mesturar ornamentais con froiteiras e legumes. Dseme bastante ben.
—Como vostede en poucas palabras?
—Son emptico e de efectos retardados. E moi traballador. Encntame o traballo fsico.
—A quen lle gustara levar na barca?
—A todo o mundo.
—Unha cancin.
—Ultimamente estou escoitando moito as Fillas de Casandra.
—O mis importante na vida?
—O amor e ser fiel a un mesmo.