Juan Rodrguez Yuste, nunha imaxe do ano 2005 SANDRA ALONSO

Foi conselleiro de Industria con Manuel Fraga entre 1999 e 2005

01 sep 2023 . Actualizado a las 20:45 h.

O pasado da 21 de agosto finou na sa casa de Pontevedra Juan Rodrguez Yuste, quen foi conselleiro de Innovacin, Industria e Comercio da Xunta con Manuel Fraga entre os anos 1999 e 2005.

Tiven a honra de coecelo cando, sendo vicerreitor da Universidade de Vigo, recibn a sa chamada para que me fixese cargo da Direccin Xeral de Investigacin e Desenvolvemento na acabada de crear Consellera de Innovacin, Industria e Comercio para dar continuidade ao magnfico labor realizado polo profesor Miguel ngel Ros, hoxe presidente de honra da Real Academia Galega de Ciencias.

E ningun coma el, pola sa experiencia e calidades profesionais, e como responsable da Xunta de Galicia das actividades industriais e comerciais, para poder dotar o novo proxecto dos suficientes recursos financeiros e de medios para levalo a bo fin. E, as foi, sempre tiven nel un apoio incondicional, gocei da sa confianza e forxamos unha amizade duradeira no tempo.


Era un galego de adopcin, natural de Jerez de los Caballeros (Badaxoz) e criado en Sevilla. Con 21 anos, trasldase a Pontevedra, onde se instala, casa e nacen os seus cinco fillos. Desta condicin resultou, ben seguro, o seu fino humor, feito de mesturas galaicosevillanas, do que sempre fixo gala, incluso nos momentos mis difciles da sa vida. Pero, ademais, Juan Rodrguez Yuste tia unha bonhoma natural chea de honestidade e sobriedade persoal.

Cun currculo acadmico excepcional, doutor en Ciencias Econmicas e licenciado en Ciencias Econmicas, Ciencias Polticas, Socioloxa, Dereito e Estatstica, e diplomado en Enxeara Tcnica, anda tivo tempo para dominar o francs, ingls, alemn, italiano, portugus e rabe moderno, e impartir docencia na Universidade de Vigo e na UNED, nas reas de Microeconoma, Estatstica Terica e Econometra. Os seus alumnos lmbrano como un profesor rigoroso nos contidos das materias e metdico nas sas exposicins.


Os primeiros pasos

No ano 1984 incorporouse como subdirector dentro da Direccin Xeral de Planificacin Econmica que dirixe Jorge Gonzlez Gurriarn, no equipo de Xaime Trebolle, conselleiro de Economa e Facenda no Goberno de Xerardo Fernndez Albor, quen via de pilotar o proceso de transferencias s comunidades no Goberno de Felipe Gonzlez para facer un intenso labor ao formar parte dun comit no que estaban todas as conselleras para preparar a entrada de Espaa na Unin Europea e, ao mesmo tempo, iniciar as relacins coa Comisso de Coordenao e Desenvolvimento Regional da Regio Norte de Portugal, que, nunha primeira etapa, preside Luis Valente de Oliveira, quen posteriormente foi ministro de Educacin, e ,despois, Luis Braga da Cruz, quen tamn foi ministro portugus de Economa e, despois, presidente da Universidade do Minho, con quen mantivo unha duradeira e fonda amizade. Desta Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal xurdiron os primeiros proxectos transaccionais no mbito da Eurorrexin.

Foi precisamente esta ampla formacin, experiencia internacional e dominio dos idiomas o que levou a Manuel Fraga a nomealo secretario xeral de Relacins coa UE e Accin Exterior da Xunta de Galicia, e director da Fundacin Galicia-Europa.


Desde ese posto foi quen de crear as conexins necesarias que lle permitiron ao presidente da Xunta realizar numerosas viaxes internacionais. Moitas foron as ancdotas que contaba dalgns feitos xurdidos nas numerosas viaxes nas que acompaaba ao presidente da Xunta de Galicia, algunhas tan singulares como a visita ao lder de Libia, Muamar el Gadafi, que os recibiu na haima na que adoitaba recibir os xefes de Estado, e con quen tiveron dificultades de entendemento que Juan, co seu humor cotin atribuu diferenza tan notable entre o rabe acadmico de Damasco que el falaba e o rabe estndar (fushad) do lder de Libia.

Nos poucos momentos de vagar que tiamos, era optimista, alegre e divertido, e sempre tia unha actitude persoal moi prudente e de achegamento persoal. Cando no traballo se producan situacins adversas, adoitaba dicirnos para alentarnos e mobilizarnos: Ya sabis que Dios protege a los malos cuando son ms que los buenos, lembrndomos este dito popular do sculo XIV da ribeira do Douro cando os almorbides se aprestaban a cruzar o ro para perpetrar os seus saqueos, atropelos e razzias.


Del podera dicirse o mesmo que dica Julin Maras do seu amigo e mestre Jos Ortega e Gasset: Era como o sol, clido e luminoso.