Jos Tom, fotografado o xoves na s da Deputacin de Lugo Laura Leiras
Non vai haber adianto electoral porque os nmeros non lle dan ao PP, creo dirixente socialista, que defende os resultados do seu partido da provincia no pasado 23 de xullo
13 ago 2023 . Actualizado a las 05:00 h.
Jos Tom (Guitiriz, 1958) vn de comezar o seu segundo mandato fronte da Deputacin de Lugo. Coma no primeiro, o seu partido, o PSdeG, asinou un pacto de goberno co BNG.
—Pouco despois de tomar posesin neste segundo mandato pediu un adianto electoral en Galicia. Por que?
—Despois de falar o conxunto dos espaois e de que marchase [Alberto Nez] Feijoo e entrase [Alfonso] Rueda sen eleccins por medio, Galicia debera posicionarse. Galicia necesita dinamismo, e para iso debera haber eleccins, para dar voz aos galegos.
—Cre que haber ese adianto electoral?
—Creo que non. Creo que a Galicia lle via ben; pero, desafortunadamente, creo que non o vai haber porque parece que os nmeros non lle dan ao Partido Popular e, polo tanto, [Alfonso Rueda] non as vai convocar ata que se acheguen.
—Est preparado o PSOE de Lugo por se hai ese adianto?
—Si. O PSOE de Lugo est preparado para que convoquen as eleccins hoxe mesmo, tanto no apartado orgnico como de liderado desa candidatura, que, estou convencido, ter moito que ver co liderado de Galicia. Se polo PSOE de Lugo, que convoquen hoxe mesmo.
—Se hai primarias no PSdeG, o seu candidato ser Jos Ramn Gmez Besteiro?
—Por suposto. No PSdeG vai haber primarias o 17 de setembro, e evidentemente creo que non hai ningunha dbida de que o mellor candidato para a provincia e para Galicia, para formar un novo goberno na comunidade autnoma, Jos Ramn Gmez Besteiro. Creo que a sa vala non est en cuestin, est fra de toda dbida, as que contar co meu apoio persoal e tamn co apoio da executiva do partido na provincia.
Los socialistas de Lugo acusan a Candia de utilizar los annimos como tctica para perjudicar a sus rivales polticos
—A precampaa e a campaa vronse infludas e, quizais, tamn contaminadas pola polmica sobre os annimos que se levaron ao xulgado contra Jos Ramn Gmez Besteiro. Cre que esa estratexia ser un bumern que acabe volvndose contra o PP ou que ser un dano que se causou ao PSOE e que unha ferida anda aberta?
—Creo que o dos annimos demostra que non todo vale en poltica e que non todos somos iguais en poltica. O PP xogou sucio a sabendas, porque non capaz de demostrar de onde sacou eses autoannimos ou annimos inventados. Incluso fala de que perdeu o sobre onde via o annimo, non sabe se o destruiu. Iso semllase moito a outras polticas practicadas no resto de Espaa, e parece que as copiaron aqu. Lamento profundamente, de verdade, ese tipo de poltica e, sobre todo, as consecuencias que tivo a mentira, como quedou acreditado xudicialmente despois. Foi unha mentira sobre unha persoa que tia unha proxeccin poltica realmente relevante, que estaba chamada a ser presidente da Xunta hai oito anos e que, lamentablemente, por estes intentos falsos da seora [Elena] Candia ou de quen lle tea axudado, causou dano a moita xente, sobre todo a Jos Ramn Gmez Besteiro. Truncoulle a vida persoal e a vida poltica, que afortunadamente pode recuperar, pero ningun lle vai devolver estes sete anos, os momentos que tivo que pasar. Deunos a todos unha leccin de como hai que afrontar e superar os problemas cando chega o momento.
—O da das eleccins dixo que era unha boa xornada para o socialismo en xeral e para o socialismo de Lugo, pero o PSOE lucense perdeu un deputado. Son compatibles esas visins?
—Totalmente. Son compatibles porque estabamos falando dunhas eleccins de mbito estatal. O PSOE subiu na provincia de Lugo 5.000 votos en nmeros redondos: incrementamos apoio. O que ocorreu foi que a dinmica da dereita de concentrar o voto arredor do PP fixo que non tiveramos o mesmo resultado en votos ca en escanos. Traducidos eses escanos a votos no Parlamento de Galicia, esas papeletas volveran darnos a representacin que tivemos no 2005 e no 2009, con cinco deputados.
Dixen que un goberno de Feijoo sera malo para a provincia, e mantoo
Son moitos os incumprimentos que ten na provincia de Lugo a Xunta de Galicia, di Tom
—A noite das eleccins dixo que un goberno de Alberto Nez Feijoo en Madrid sera malo para a provincia de Lugo. Que se pode esperar en Lugo dun goberno de Pedro Snchez nesta prxima lexislatura?
—Dixen iso e mantoo, porque se nos fixamos no que fixeron os gobernos do PP en Lugo e no que fixo o de Pedro Snchez, os datos son evidentes. Se comparamos perodos iguais de tempo, en cinco anos de [Mariano] Rajoy, dende o 2013 ata o 2018, o investimento foi de 300 millns de euros. Porn, dende o 2019, o investimento superou os 1.100 millns. O importante agora mesmo, sobre todo, que o Estado remate na provincia aquelas obras
que puxo en marcha o goberno de Pedro Snchez. Por exemplo, durante a etapa de Rajoy, na autova Lugo-Santiago fixronse unha media de seis quilmetros por ano. Pero agora, anda que mis treito e houbo complicacins ambientais na zona de Pambre (Palas de Rei), est previsto rematala no 2024. Ou pensemos tamn no caso do tren. O goberno de Pedro Snchez est facendo o maior investimento que se fixo no ferrocarril en Galicia en toda a historia: 546 millns de euros en modernizar a va Ourense-Monforte de Lemos-Lugo para que o AVE chegue aqu. De Lugo a Monforte non estaba electrificada a va. Est licitada a estacin intermodal [de Lugo]. O PP non fixo en Lugo as infraestruturas que tia que facer, e grazas ao goberno de Pedro Snchez a provincia xa volve pintar algo no mapa das infraestruturas. Agora mesmo estn en marcha obras que son fundamentais para as comunicacins da provincia. Iso estase facendo cun goberno de Pedro Snchez, non do PP. Por iso dixen o que dixen.
—Unha das medidas importantes da Deputacin no anterior mandato foi o Plan nico, a transferencia de fondos aos concellos para investimentos que consideren importantes. Cal vai ser o eixe do traballo nestes vindeiros catro anos?
—A cooperacin cos concellos a base, a razn de ser das deputacins. Sempre digo que a Deputacin o concello dos concellos. Para ns tamn seguirn a ser un piar importante as polticas sociais. Como mximo expoente poderiamos poer a rede de residencias de persoas maiores en concellos pequenos, onde non rendible para a iniciativa privada facer este tipo de dotacins.
O goberno que temos na Deputacin non trasmite problemas porque non os hai
A relacin entre socialistas e nacionalistas na Deputacin de Lugo semella boa. Polo menos, as diferenzas non se perciben en pblico fra dos muros do Pazo de San Marcos, sede da institucin.
—O goberno provincial non transmite sensacins de grandes tensins. Cal a clave?
—O goberno de coalicin que temos na Deputacin non transmite problemas, nin fra nin dentro, porque non os hai. A clave est na confianza, no respecto s reas que goberna cada un, en dialogar moito, en compartir informacin… Se hai un espazo de confianza, se un non est mirando de esguello o outro, as cousas funcionan. Cando gastas o tempo en desconfiar, realmente as cousas non van ben. Aqu ocorre ao contrario: dse ese escenario de confianza, dse ese escenario de respecto e, polo tanto, as cousas funcionan, creo eu, razoablemente ben. Podemos ser un exemplo para moitos gobernos de coalicin en moitos mbitos. Esperemos que este mandato siga coma o anterior, porque ademais creo que os lucenses necesitan un goberno estable, que a Deputacin sexa noticia polas cousas que fai e non por situacins alleas. Creo que a Deputacin recuperou, como institucin, o respecto no conxunto da provincia, e ese o noso papel, ser tiles aos cidadns.
—Pode ser este goberno, pola sa boa relacin, un exemplo para un hipottico goberno de coalicin na Xunta?
—Creo que si. Polo funcionamento que estamos tendo, pode ser un espello no que mirarse, baseado nunha relacin franca.