Tuco Cervio,o pasadoxoves co seu libro na cafetera La Drsena, no Parrote corus. MARCOS MGUEZ

O mdico, xestor e poltico presenta este martes na Feira do Libro da Corua unhas memorias que abranguen ata 1968

31 jul 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Un da encontreime no paseo martimo da Corua cun vello amigo escritor e dxenlle que estaba escribindo unhas memorias. E el dxome que para que unhas memorias interesen xente teen que responder pregunta de quen son eu. El Francisco Cervio Gonzlez (Pontevedra, 1945), fillo, neto e bisneto de concelleiros da sa cidade natal. Hai unha clara vocacin poltica na mia familia, confesa Cervio, Tuco para todos os que o coecen. Un alcume ao que responde dende moi pequeno este mdico nefrlogo de formacin, que foi xestor sanitario, deputado no Parlamento polo PSdeG, concelleiro en Oleiros… E agora escritor. Tuco Cervio presenta este martes Un taxi verde e un concerto na Feira do Libro da Corua, nos xardns de Mndez Nez, s oito do sern e arroupado por Manolo Rivas e polo escritor e pediatra nxel Vzquez de la Cruz.

Son as memorias das que Tuco Cervio falou con aquel escritor, pero non falan nin da sa etapa de mdico, nin de xestor, nin de poltico parlamentario. Un taxi verde e un concerto chega ata 1968, unha data determinante, a do 68 composteln. As memorias contan a historia da sa familia, pero con elas pretende tamn reflectir a realidade social daquela poca. Cntase como era a sociedade naquel momento, explica. Meus pais eran represaliados da Guerra Civil. Meu pai pasou parte da guerra no monte e foi sometido ao tribunal de represin de masonera e comunismo. E mia nai non lle permitiron presentarse s oposicins para profesora, sublia.

O libro ten tres etapas. A primeira fala da infancia e da familia. Remntase ao sculo XIX, tanto na memoria da mia familia materna, de pequenos burgueses ilustrados de Pontevedra, onde hai mestres, mdicos, procuradores… unha familia republicana, con masns galeguistas. Logo est a familia de meu pai, de Cotobade. Unha familia de labregos e canteiros, onde meu av xa era secretario do Concello. Licenciouse en Dereito en 1894. E como un fillo de labregos modestos chega a licenciarse en Dereito? O nico ascenso posible era a Igrexa. Rematou a carreira de crego xusto antes de catar misa, sause e matriculouse en Dereito.


A segunda parte fala da adolescencia, dos anos de instituto en Pontevedra. E a terceira a de Compostela, da universidade, do conflito do 68. certo que esa poca est contada noutros libros dun xeito histrico, pero aqu cntase dende dentro por un participante, cos detalles que dan verosimilitude ao relato co que podo contar certas cousas. Relata a sa convivencia con personaxes como Vicente lvarez Areces, que foi presidente de Asturias; Emilio Prez Tourio, Rafael Brez, Carlos Casares ou o exconselleiro do PP Lpez Veiga.

Quen son eu?

Encontrou con estas memorias a resposta pregunta que lle fixo o amigo escritor no paseo martimo? Quen Tuco Cervio? Si. Descubrn algunhas cousas que eu xa intua, pero hai outras que non coeca. Levoume varios anos facer este libro, e deime conta neste tempo de cando me fago demcrata, de cando me fago galeguista e de cando me fago de esquerdas. Son tres etapas que podo diferenciar na mia vida. Cervio resmeo deste xeito: Fgome demcrata na mia familia. Meus pais son perdedores da guerra. Non se nos adoutrina, pero iso entra polos poros. Fgome galeguista na universidade, cun compaeiro de habitacin que se chama Lus Fontenla. E fgome de esquerdas na Igrexa, no cristianismo. Tia todo iso mesturado, pero agora fun quen de distinguilo. Creo que iso o mis importante de quen son eu.