A Cmara galega non respaldou a iniciativa lexislativa popular que contaba con case 16.000 firmas para restaurar a letra orixinal de Pondal
26 sep 2023 . Actualizado a las 13:17 h.
O Parlamento de Galicia rexeitou a iniciativa lexislativa popular (ILP) impulsada por unha trintena de persoas e entidades como Va Galega e Galiza Cultura para restaurar a letra orixinal de Pondal do himno galego tal e como o autor a escribiu no ano 1890. A proposta, con case 16.000 firmas recollidas, so contou co apoio do BNG, mentres que PSdeG e PP votaron en contra. O encargado de defender esta ILP na Cmara galega foi o catedrtico da Universidade de A Corua e estudoso de Pondal, Manuel Ferreiro, quen desde 1990 constatou que a letra do himno non a que se aprobou na Lei de Smbolos do 94. Hai un cambio bastante evidente, como valeroso chan no canto de clan, ou hiperenxebrismos como iorantes en lugar de ignorantes.
Tanto o PSdeG como o PPdeG rexeitaron esta ILP por entender que hai outras vas para estudar a modificacin do texto. A socialista Noa Daz apuntou pertinencia de crear unha comisin que leve a cabo unha anlise sosegada, unha proposta que compartiu o popular Alberto Pazos. Tamn aludiron aos informes da Real Academia Galega e o Consello da Cultura Galega que xa desde 1996 se fixeron de cara a esta posible modificacin.
Para o defensor da ILP a negativa a corrixir os erros da letra do himno supn unha decepcin xa que o propio Pondal, que naquel momento contaba cun estado de sade moi delicado, advertiu das incorreccins. Lembrou a carta enviada polo escritor no ano 1913 dicindo que o texto contn non poucas erratas, pero xa a sa sade non lle permitiu facer as correccins pertinentes. Sobre os informes citados por socialistas e populares, permtanme dicir con toda humildade pero tamn con toda autoridade de ter dedicados moitos anos a estudar a obra de Eduardo Pondal, que un deles esculido e otro atravesado de erros, dixo Ferreiro.
Manuel Ferreiro: Temos todas as probas certas de que o texto do himno galego ten erros
mara santalla
Por exemplo, insistiu, estas publicacins aseguran erradamente que Pondal coeceu o texto e que non dixo nada, e non saben dicir cal a version ltima da letra. O catedrtico lembra que isto non verdade, sabmolo perfectamente, non o saberemos dos manuscritos, pero dos textos impresos non hai ningunha dbida.
O BNG, a travs da depudata Mercedes Queixas, si apoiou esta iniciativa que calificou de xustiza histrica. Mentres PP e PSOE apostan por agardar a un consenso social, o catedrtico lembrou que se confunde consenso social con institucional e insistiu en que so faltaba que Pondal practicamente cego sinalase erro tras erro e menos profetizase que no 2023 se a discutir sobre cal era a sa letra. O himno oficial -advertiu- non a letra de Pondal.
O defensor da iniciativa fixo un ltimo esforzo para pedir a aprobacin da ILP, en definitiva trtase de optar por manter un texto parcialmente falso ou optar pola verdade como corresponde dignidade do simbolo. Finalmente rexeitouse con 18 votos a favor e 54 en contra.