Aurichu Pereira, durante unha das sas ltimas exposicins. MARCOS MGUEZ

Filla dun mestre represalidado polo franquismo, foi discpula de Carlos Maside e participou en ducias de exposicins

01 nov 2023 . Actualizado a las 23:18 h.

A pintora Aurora Pereira Carballo, mis coecida como Aurichu Pereira, finou este mrcores en Santiago, onde nacera hai 83 anos. Foi discpula artstica de Carlos Maside e Lus Seoane. Dende os anos oitenta era muller de Xos Manuel Beiras, histrica figura do nacionalismo galego, ao que sempre acompaou desde un discreto segundo plano. Ela mesma foi militante da esquerda antifranquista galega nos anos nos que comezou a destacar como pintora e militou no BNG ata o 2011. Faleceu tras unha longa enfermidade que se agravou nos ltimos meses. Levaba xa varios anos afastada da primeira lia creativa.

Nada un 15 de xaneiro de 1940, Aurichu Pereira era filla dun mestre republicn de Vedra represaliado polo franquismo, Xess Pereira, a quen Beiras lle adica un captulo no seu libro de retratos. Desenvolveu unha carreira de pintora, influenciada polo artista Carlos Maside, tarefa que lle adicaba tempo na sa residencia de Brin, en A Reboraina, onde viva co poltico e profesor, a sa parella dende que se divorciara do seu primeiro marido, o poeta Salvador Garca Bodao, con quen tivo catro fillos.

Aurichu, ao carn de Beiras, durante a celebracin dos resultados das autonmicas de 2012. Martina Miser

Sempre ao carn de Beiras, era pouco amiga de prodigarse na esfera pblica. Aurichu rexentou unha tenda de roupa e antigidades na ra Xelmrez, por onde pasaron durante anos moitos compostelns. A estaba sempre ela ao fondo, sentada ao carn dunha mesa iluminada por unha lmpara.

Ela mesma confesara en entrevistas na Voz que comezou pintar cando tia apenas 16 anos. Naquel 1956 comezou a exercitarse no debuxo e na pintura baixo a tutela de Maside. Uns anos mis tarde marchou a Madrid para preparar o ingreso na Escola de Belas Artes de San Fernando, traballando no Casn do Retiro. Ao seu retorno a Galicia, participou nas sas primeiras exposicins colectivas. Foi nese momento cando o pintor Luis Seoane se interesou pola sa obra e propxolle patrocinarlle unha exposicin individual. En 1973 participou na exposicin de Xvenes Artistas Galegos, promovida polo propio Seoane e por Reimundo Patio. Nese mesmo ano participou en das novas exposicins colectivas en Santiago. Posteriormente, por motivos laborais, deixou de participar pblicamente nas actividades artsticas, retornando a elas en 1999. Paralelamente tamn deseou roupa.

Un dos traballos que lle valeron un maior recoecemento foi Meu Courel imaxinario, que moveu por varios centros culturais de Galicia. Esa mostra naceu, contara ela, tras unha longa visita a esa zona, por unha paisaxe que lle abraiou e que fixo que pasara do estilo figurativo abstracin.