Viviendas rehabilitadas en el barrio lucense de A Tinera ALBERTO LPEZ

04 feb 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

En tempos de confrontacin poltica, cmpre que o dereito vivenda se vexa tan evidente que quede marxe do debate. Isto non implica que non existan diferentes xeitos de abordar a cuestin. Case todos eles poderan dar resultados. Pero na procura da mellor solucin foron pasando os anos sen que as Administracins tivesen actuacins suficientes para anticiparse crise de vivenda que padecemos.

Hai das premisas esenciais para abordar o problema: a planificacin a medio prazo e asumir que cada cidade, cada pobo, cada territorio require unha resposta singular. Sobre esta base debe comezar a trazarse unha resposta de consenso, un pacto pola vivenda, que fuxa dos grandes titulares e que tea fitos medibles (e plausibles) cada ano.

No que se refire planificacin a medio prazo, resulta necesaria, posto que calquera estratexia sobre o tecido urbano precisa tempo. Xa sexa para desenvolver novos solos para vivenda pblica, para adquirir vivenda non ocupada (baleira ou en runa), para rehabilitar contornas histricos ou para transformar usos, necesario un perodo de exposicin, de alegacins, de desenvolvemento e de execucin. O que fagamos hoxe empezar a dar resultados en seis ou oito anos.

En canto necesidade de respostas especificas, resulta evidente que a situacin de Ferrol, O Grove, Lugo ou O Carballio diferente. Tanto nas necesidades como nas capacidades para incorporar nova vivenda. Nun lugar podemos ter que incorporar vivendas baleiras ao mercado; noutro caso pode que o nico que necesitemos un regulamento; nun terceiro caso, que sexa necesario facer unha oferta para a adquisicin de vivendas e rehabilitalas ou que a mellor solucin se atope en construr nova vivenda pblica. Todas as solucins poden convivir, por iso ten que estar claro que o que interesa facer en cada caso.

Estas premisas deben compartir un obxectivo: a reducin da pegada ecolxica. Para iso as axudas para a rehabilitacin, que seguirn nos vindeiros anos, son unha oportunidade para transformar o tecido construdo. A imposibilidade de alugar ou vender vivendas non eficientes a partir de 2030 ten que obrigarnos a actuar canto antes, evitando que o problema anda sexa mis grave no futuro.

Por todo o anterior, a cuestin da vivenda s posible resolvela dende o urbanismo. Os que teen responsabilidades polticas nas distintas Administracins deben anticiparse s problemticas, traballar por resultados concretos e evitar discusins que non contriben a garantir o dereito vivenda, afectando, sobre todo, poboacin mis vulnerable.