Seminario sobre “Armas de Roma e a Idade Media. Tipoloxía, biomecánica e técnicas de combate”

0 / 5
Añadir a favoritos

A Rede de Estudos Medievais Interdisciplinares promove un seminario sobre Armas de Roma e a Idade Media. Tipoloxía, biomecánica e técnicas de combate. Terá lugar hoxe martes no Paraninfo da Facultade de Historia da Universidade de Santiago, a partir das 12:30 horas.

Esta iniciativa diríxese aos alumnos do Máster e do Programa de Doutoramento en Estudos Medievais da Universidade de Santiago e, en xeral, a estudantes de Historia, Historia da Arte e das distintas Filoloxías. Centrarase no uso das armas, na indumentaria e nas diferentes técnicas de loita empregadas dende o Imperio romano, con especial incidencia na Idade Media.

 

No seminario van participar varios integrantes do Club Falcata de Artes Marciais Históricas Europeas de Vigo. No Club levan anos buscando a parte máis científica e histórica das artes marciais, a través do estudo de tratados antigos. No transcurso do seminario varios membros do Club realizarán unha exhibición de distintas técnicas de combate pertencentes a diferentes etapas históricas, en particular da Idade Media, ao tempo que amosarán a indumentaria dos cabaleiros medievais e parte do armamento máis habitual da época.

enSantiago¿Quieres que tu empresa o negocio se anuncie aquí y formar parte de nuestra gran familia?