Presentacion do libro “De tiros, huellas y arrimos. Historia de la escalera monumental en Santiago de Compostela.”

0 / 5
Añadir a favoritos

O Consorcio de Santiago e Andavira Editora acaban de publicar De tiros, huellas y arrimos. Historia de la escalera monumental en Santiago de Compostela, un libro da historiadora da arte Miriam Elena Cortés López, que aborda a presenza deste singular elemento arquitectónico nacidade dende as súas orixes ata a actualidade.

Presentarase hoxe mércores na Fundación Torrente Ballester, ás 19:30 horas. No acto estarán, ademais da autora, a xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández; o responsable de Publicacións do organismo interadministrativo, Juan Conde; xunto á directora de Andavira Editora, Lucila Ventoso.

Neste libro cóntase coa colaboración do fotógrafo Fuco Reyes, autor, entre outras, da imaxe da portada, asi como de outras fotos que adxuntamos.

enSantiago¿Quieres que tu empresa o negocio se anuncie aquí y formar parte de nuestra gran familia?