Presentación de Migrant Shores na Libraría Chan da Pólvora

0 / 5
Añadir a favoritos

A teima coa que Manuela Palacios-Gonzalez traballa para conectar as poéticas da Galiza e de Irlanda, levouna desta volta a tratar a problemática das migracións apoiándose na posta en diálogo de varias autoras destes países, ós que se suman aquí algunhas máis de Marrocos. O colonialismo ou a crise dos refuxiados emerxen nesta escolma evidenciado que a poesía pode, e incluso debe, artellar mecanismos cos que cuestionar e alumea-lo mundo que habitamos.

Marilar Aleixandre, Keith Payne e Baldo Ramos son algunhas das poetas participantes en “Migrant Shores. Irish, Moroccan & Galician Poetry” (Salmon Poetry, 2017) con elas e con Manuela afondaremos nesta interesantísima publicación.

“A estranxeira coloca unha máscara e féreme a man
doe apenas pero a carne xamais cicatriza.
Permanece marcando.
Escribe por min.”
Gonzalo Hermo

enSantiago¿Quieres que tu empresa o negocio se anuncie aquí y formar parte de nuestra gran familia?