Obradoiro de Astronomía para nenas e nenos de 11 a 14 anos na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

0 / 5
Añadir a favoritos

A Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal en colaboración co Observatorio Astronómico Ramón María Aller da Universidade de Santiago e no marco do programa TODOCOSMOS, financiado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), ofréceche participar nun obradoiro de Astronomía que ten como obxectivo o achegamento dun xeito didáctico ao coñecemento desta Ciencia.

A actividade estará a cargo de persoal investigador do Observatorio Ramón María Aller da Universidade de Santiago de Compostela quen mostrará aos participantes o Stellarium, programa de software libre de simulación de planetarios e dispoñible para os principais sistemas operativos. Stellarium opera simulando na pantalla a vista esférica do ceo en todas as direccións e é posible observar varios corpos celestes, como a Lúa, o Sol e varias estrelas e constelacións.

O obradoiro desenvolverase mañá venres 30 de novembro ás 18.30h no Salón de actos. Está dirixido a rapazas e rapaces de 11 a 14 anos cun máximo de 30 participantes. Precísase inscrición previa na páxina web da biblioteca

Este é o enlace:  https://bibliotecas.xunta.gal/santiago/gl/mes-da-astronomia

 

 

 

enSantiago¿Quieres que tu empresa o negocio se anuncie aquí y formar parte de nuestra gran familia?