O patriarcado na xustiza

0 / 5
Añadir a favoritos

Hoxe luns ás 16:30 organizado por Consello Da Cultura Galega,  temos un debate no que reflexionamos sobre o ciberacoso na mocidade:

NOVAS FORMAS DA VIOLENCIA DE XÉNERO: O PATRIARCADO NA XUSTIZA

Un dos motivos e argumentos que acompañaron as mobilizacións feministas nos últimos tempos ten que ver coa violencia de xénero e o seu impacto directo nas crianzas. As reiteradas sentenzas “exemplarizantes” supoñen exemplos explícitos dos ditados da xustiza neste campo, contaminadas pola mentalidade patriarcal: cegas á perspectiva de xénero e invisíbeis para a sociedade pola imparcialidade que se lles atribúe.

A cegueira do patriarcado, que determina moitas decisións xudiciais, e a súa invisibilización son circunstancias que nos retrotraen a tempos que quereriamos imaxinar pasados, nos que o prezo da liberdade dunha muller era a perda da custodia dos seus fillos e fillas. Hoxe en día, a xustiza está a aceptar argumentos acientíficos como a “síndrome de alienación parental” ou as obxeccións á universalidade da custodia compartida, que consolidan o prexuízo das mulleres como seres perversos, que instrumentalizan aos seus fillos e fillas contra a figura paterna.

Os feminismos, partindo da base de que un maltratador non pode ser un bo pai, reivindican outra forma de facer xustiza, que identifique e combata o patriarcado. Que teña en conta a existencia real dunha violencia vicaria e a necesidade de identificar a asunción social de modelos de masculinidades agresivas e violentas. Unha xustiza, ao cabo, que non permita ou facilite a violencia dos proxenitores contra a súa propia descendencia pois que, lonxe de facelo, en numerosas ocasións acaba por xustificar aos agresores, culpabilizando ás mulleres e deixando os seus fillos e fillas en mans de quen os utiliza para exercer un grao de violencia extremo contra delas.

Programa:

16:30 horas, Presentación

16:45 horas, A xustiza como instrumento da Violencia Vicaria: a ideoloxía da suposta Síndrome de Alienación Parental (sSap) e a custodia compartida imposta, Sonia Vaccaro, psicóloga clínica, perito forense experta en vitimoloxía e violencia de xénero.  Presenta: Carme Adán Villamarín, coordinadora da Sección de Pensamento e Sociedade do CCG

17:30 horas, Problemática sobre réxime de custodia  sobre menores. Especialidade en caso de violencia de xenero. Lei do menor 1/1996 e as súas sucesivas reformas. Anotacións á subtracción internacional de menores, regulación actual
Paz Filgueira, xuíza, experta en violencia de xénero, Presenta: Carmen Cajide Hervés, membro da Comisión de Igualdade do CCG

18:15 horas, Coloquio: Sonia Vaccaro, Paz Filgueira, Modera: Luzia Oca, coordinadora da xornada

enSantiago¿Quieres que tu empresa o negocio se anuncie aquí y formar parte de nuestra gran familia?