O Ateneo de Santiago celebra unha festa cultural polo seu X Aniversario

0 / 5
Añadir a favoritos

O Ateneo de Santiago cumpre neste 2018 unha década dende a súa constitución e, para celebralo, leva organizando ao longo de todo o ano un amplo conxunto de actividades especiais dentro dun programa específico do X Aniversario.

Dentro desta programación enmárcase o FESTIVAL DO ATENEO, un acto lúdico-cultural que se levará a cabo na tarde-noite de hoxe XOVES, día 14, a partir das 21.00 horas, na Sala Capitol de Santiago de Compostela.

Conducido polo actor e humorista Xosé Luis Bernal (Farruco), que interpretará distintos personaxesao longo do acto, polo escenario da Salairán pasando actuacións de diferentes estilostales comoa cantante MARÍA DO CEO, representante da canción galaico-portuguesa;o trío de jazz GRADÍN, TOM & REVERENDO; ou o grupo LOS POTES, que interpretará “música de sempre”. Ademais, tamén actuarán a contacontos SOLEDAD FELLOZA e o CORO ASUBÍO, nun actoque terá unha duración aproximada de dúas horas e media.

As entradas estarán á venda no local social do Ateneo de Santiago, Praza de Salvador Parga, 4-2º, en horario de 17.30h a 20.30h, ao prezo de 5€.

enSantiago¿Quieres que tu empresa o negocio se anuncie aquí y formar parte de nuestra gran familia?