Martiño Noriega, inaugura na Casa do Cabido unha exposición con pezas do escultor “Francés”

0 / 5
Añadir a favoritos

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, inaugura hoxe xoves na Casa do Cabido unha exposición con pezas do escultor “Francés”

A Casa do Cabido, na praza das Praterías, vai acoller a exposición Compostelaneando a miña fauna. Muller, Xapón, Cacto, que reúne pezas en pequeno formato do escultor José Francisco López Noya, máis coñecido como “Francés”. A mostra vaise inagurar hoxe xoves, 12 de xullo, coa presenza do alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da cidade, Martiño Noriega. Ao acto asistirán, ademais do propio artista, a xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández; e o responsable de Exposicións do organismo interadministrativo, Juan Conde.

A exposición permanecerá na Casa do Cabido ata mediados do vindeiro mes de setembro. Poderá visitarse de martes a sábado de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas, e os domingos de 11:00 a 14:00 horas. Os luns a Casa do Cabido está pechada ao público.

enSantiago¿Quieres que tu empresa o negocio se anuncie aquí y formar parte de nuestra gran familia?