Joaquín Almunia presenta o seu último libro no Ateneo

0 / 5
Añadir a favoritos

Hoxe xoves, día 29 de novembro, Joaquín Almunia visitará Compostela para presentar o seu último libro no Ateneo Santiago, Ganar el futuro. Cómo Europa y la socialdemocracia pueden salir juntas de sus crisis. as 19.30 horas na sede de Afundación, sita na Rúa do Vilar, 19, o ex-Vicepresidente da Comisión Europea, previa introdución por Ramón Máiz, Catedrático de Ciencia Política da USC, disertará sobre as dificultades ás que se enfrontan hoxe a integración europea e a socialdemocracia.

Nesta obra Almunia, que pertence a unha xeración de españois para quen a integración europea é unha referencia imprescindible, advirte da necesidade de recuperar a sintonía cos cidadáns e defende que a Unión Europea, xunto á socialdemocracia, segue sendo a mellor opción.

Joaquín Almunia é un dos políticos españois con maior experiencia internacional, particularmente no ámbito da Unión Europea. Foi Vicepresidente e Comisario Europeo de Competencia, tras ser anteriormente Comisario Europeo de Asuntos Económicos e Monetarios. Licenciado en Dereito e Ciencias Económicas na Universidade Comercial de Deusto, completou os seus estudos de posgrao en l’École Pratique des Hautes Études en París. A súa traxectoria profesional comezou como economista na Oficina do Consello Superior das Cámaras de Comercio españolas en Bruxelas e continuou como deputado no Congreso, Ministro de Traballo e Asuntos Sociais, Ministro de Administracións Públicas e Presidente da Comisión de Presupostos.

 

 

enSantiago¿Quieres que tu empresa o negocio se anuncie aquí y formar parte de nuestra gran familia?