Inaugúración no Museo do Pobo Galego a exposición “Moncho Valcarce: unha vida de compromiso con Galiza”,

0 / 5
Añadir a favoritos
Hoxe, 31 de xullo de 2018, ás 19:30, inaugúrase no Museo do Pobo Galego a exposición “Moncho Valcarce: unha vida de compromiso con Galiza“, producida pola Irmandade Moncho Valcarce que versa sobre a vida e actividade do “Cura das Encrobas“. A mostra rematará o 16 de setembro.

Ramón Valcarce Vega, o Cura das Encrobas (1935-1993) foi crego de Sésamo-Sueiro, parroquias rurais que marcaron o seu compromiso cos labregos poñéndose ao seu carón contra as inxustizas que soportaron sobre todo na época da transición. Son exemplo delo as loitas das Encrobas, Baldaio, Xove, As Enchousas, Larín, Cota empresarial,etc.
En todas elas Moncho estivo ao servizo dos labregos coa súa humildade, lonxe de calquera protagonismo, pero tamén coa súa firmeza. Por elo foi perseguido, preso, golpeado, multado, acusado de atentar contra a forza pública e incluso abandonado pola xerarquía eclesiástica.

enSantiago¿Quieres que tu empresa o negocio se anuncie aquí y formar parte de nuestra gran familia?