Está aberto o prazo para inscribirse no curso de Especialización Instrumental da Escola de Altos Estudos Musicais

0 / 5
Añadir a favoritos

Contador de visitas y estadísticas

visitas desde 19/07/2016

A Escuela de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, organiza unha nova edición do Curso de Especialización Instrumental 2018-2019. Esta iniciativa diríxese a estudantes de música de grao medio ou superior que desexen perfeccionarse nalgún destes instrumentos: violín, viola, violoncello, contrabaixo, frauta, óboe, clarinete, fagot, trompa, trompeta, trombón ou percusión.

O curso académico comeza no mes de outubro de 2018 e remata en xuño de 2019. Búscase o perfeccionamento instrumental da especialidade elixida, a través de 15 horas de clase individual repartidas ao longo do curso. Ademais, durante o ano organizaranse diferentes actividades de práctica de conxunto, co que os participantes terán a oportunidade de ofreceren concertos públicos. Os alumnos recibirán un diploma acreditativo dos seus estudos.

As solicitudes deberán presentarse ata o día 14 de maio a través da páxina web da Escola           –www.eaem.es-. Os interesados terán que xuntar o seu currículo, indicando o curso que están a realizar na actualidade, así como a relación de obras que cada un vai interpretar nas probas de selección. Darase prioridade aos aspirantes que non tivesenrealizado estudos noutras edicións do Curso de Especialización Instrumental.

Probas de selección dos candidatos

As probas de selección das diferentes especialidades terán lugar os días 2 e 3 de  xuño na sede da Escola de Altos Estudos Musicais. O centro disporá de pianistas acompañantes para quen o solicite no boletín de inscrición. Aqueles candidatos que non consigan praza pasarán a integrar unha lista de espera.

enSantiago¿Quieres que tu empresa o negocio se anuncie aquí y formar parte de nuestra gran familia?