“Divinas Palabras Revolution” xa está aquí

0 / 5
Añadir a favoritos

Contador de visitas y estadísticas

visitas desde 19/07/2016


Hoxe xoves as 21:00h, levantarase o pano no Salón Teatro de Santiago e presentarase ao público un monstro televisivo chamado Divinas Palabras Revolution. A “criatura” creada a partir do texto Divinas palabras de Valle-Inclán. en SANTIAGO DE COMPOSTELA, no Salón Teatro (Rúa Nova, 34), do 12 ao 29 de abril
Funcións do 13 ao 29 de abril. Xoves, venres e sábados, ás 20.30 h, Domingos, ás 18.00 hDirección: Xesús Rón Xron

Elenco (por orde alfabética): Manuel Cortés, Antón Coucheiro, Patricia de Lorenzo, Borja Fernández, Mónica García, Tone Martínez, Victoria Pérez, Ánxela Ríos, Tomé Viéitez

Taller gratuíto para nenas e nenos mentres os seus maiores van o teatro
Venda de entradas:  entradas.abanca.com, no 902 434 443 ou no despacho de billetes do Salón Teatro (aberto desde dúas horas antes do comezo das funcións)

Sinopse:

A consecuencia da morte de Xoana, a súa irmá e a súa cuñada disputan a custodia do fillo orfo, que se resolve por un sistema de quendas. Pero ningunha das dúas pensa no benestar do neno, senón nos beneficios que poden acadar elas, guiadas unicamente polo egoísmo e sen importarlles as consecuencias das súas accións.

Nesta nova aproximación, Marigaila, Pedro, Simoniña, Marica, Tatoola, Migueliño, Candás, Laureano e Sétimo Miau son nove persoas pechadas nun programa detelerrealidade, que reviven inconscientes o crú e duro retablo de avaricia, luxuria e morte que Valle-Inclán construíu para as súas Divinas palabras.

 

enSantiago¿Quieres que tu empresa o negocio se anuncie aquí y formar parte de nuestra gran familia?