Conferencia sobre o cantante xermano Hans Hotter

0 / 5
Añadir a favoritos

A Asociación Amigos da Ópera de Santiago, organiza hoxe luns 5 de novembro ás 20.00 horas no Salón Rahid do Hotel Araguaney (Alfredo Brañas, 5) unha conferencia sobre o cantante xermano Hans Hotter, unha das voces máis salientables do século XX. O evento correrá a cargo dos críticos musicais Arturo Reverter e Victoria Stapells, que furarán na biografía e na traxectoria do cantante nun encontro titulado La vida y el arte de Hans Hotter. Una flecha en el tiempo. Hans Hotter (1909-2003) foi un baixo-barítono alemán, considerado un dos mellores cantantes do século XX polas súas intervencións no repertorio de Lied, de Strauss e no wagneriano. Os expertos adoitan asegurar que Hotter encarnou como ningún outro personaxes esencias da tradición musical como son Wotan,
Hans Sachs ou o Holandés Errante.

Arturo Reverter é crítico musical. Nacido en Compostela en 1941, é un reputado estudoso e experto en materia das artes vocais. Exerceu a crítica e a divulgación musical en cabeceiras como ABC, La Razón ou El mundo, ademais de participar en programas de TVE, Tele5, Radio 2 de RNE, emisora da que foi director entre 1982 e 1986, ademais de encabezala ao longo de 1990. Pola súa banda, Victoria Stapells é antropóloga, empresaria e crítica operística. Malia ter nacido en Canadá en 1954, instalouse en Sevilla fai máis de corenta anos. Estudou música e antropoloxía en Ottawa, chegou a España para investigar no Arquivo de Indias e rematou realizando a súa tesina sobre os corsarios españois do século XVIII. Exerce a crítica en revistas internacionais.

enSantiago¿Quieres que tu empresa o negocio se anuncie aquí y formar parte de nuestra gran familia?