Colección plástica do actor e creador RICARDO DE BARREIRO baixo o título “AMORES AUTODIDACTAS”.

0 / 5
Añadir a favoritos

Contador de visitas y estadísticas

visitas desde 19/07/2016

O espazo para a arte OS CATRO GATOS, en Santiago de Compostela, acolle a nova
colección plástica do actor e creador RICARDO DE BARREIRO baixo o título
“AMORES AUTODIDACTAS”.
Do 13 de xaneiro ao 14 de febreiro do 2018 poderase ver a nova colección plástica de RdeB,
pseudónimo do creador Ricardo de Barreiro para a súa faceta plástica. Será no espazo OS
CATRO GATOS (Rúa das Rodas, 13- Santiago de Compostela). A inauguración terá lugar mañá
sábado 13 de xaneiro ás 21,00 horas.

O espazo compostelán reabre as súas portas para, desta volta, permitir o mergullo na colección
“AMORES AUTODIDACTAS”, de Ricardo de Barreiro. Unha exposición que consta de 35 obras
de diferentes formatos na que os debuxos impulsivos a tinta negra sobre papel e os acrílicos
coloristas co mar de fondo partillarán protagonismo nesta travesía polo mar máis suxestivo e
bravío: o amor. O amor como pileta continente de emocións, como marea lunática e danzarina
que todo o enchoupa, que todo perverte, que todo conmove, e que todo cura.
“Amores Autodidactas” é unha experiencia para mergullar e deixarse levar.
RdeB, ou RICARDO DE BARREIRO, é un creador que leva desempeñando todas as súas facetas
artísticas desde que tén uso de razón. Volcado na plástica, na poética e no mundo escénico
desde o ano 1997, colaborou en multitude de proxectos. Como actor traballou en series como
Matalobos, Luci, Augasquentes, ou Lo que escondían sus ojos, e en filmes como Lobos sucios,
Encallados, El desconocido, Somos gente honrada, Celda 211, After, Los girasoles ciegos, La
sombra de la ley, Pradolondo, 18 comidas, Vilamor, Carlitos y el Campo de los sueños, Pájaros de
papel, ou Siete mesas de billar francés. Conta con máis de media ducia de recoñecementos entre
os que destacan: un premio e dúas nominacións aos Mestre Mateo, dúas veces gañador a mellor
actor no Festival de Cans, e outros dous premios polo seu traballo actoral na Mostra de curtas
Vila de Noia. Como escritor é co-autor xunto a Rafael García García e Xavier Estévez de Merda,
un monólogo dramático que lle serviu como debut e chave para abrir a súa carreira escénica no
2006. No ano 2013 publicou o seu primeiro libro “Sobre o desamor e outras
mariconadas” (Editorial Toxosoutos), no que en clave de retranca poética propoñía unha viaxe
polo mundo do desamor analizando as súas diferentes fases e duelos. Desa experiencia naceu a
colección plástica “Eco-grafías do desamor”; 16 acuarelas para representar outros tantos poemas
que conforman o poemario. Para culmatar esta viaxe agrupando as súas tres facetas artísticas, o
creador decidiu construir o espectáculo poético-musical “Desamor”, xunto ao seu compañeiro
artístico Guillerme Fernández.
O estilo plástico de RdeB é un estilo figurativo que parte moitas das veces de garabatos a tinta
ou a lápis aos que lles vai dando forma e sentido ata convertelos en seres humanos, ou non, case
sempre espidos e xeométricos. Todo un mundo ben orixinal que fan da obra de Ricardo de
Barreiro unha obra moi recoñecible e na que unha/un se contaxia da súa característica máis
definitoria: a sensibilidade. Agora, coa decisión de quen quere aprofundar nas mareas
descoñecidas da vida, este creador decide centrarse na súa faceta plástica e preséntanos
“Amores Autodidactas”.

Publicar Nueva Opinión

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


*

enSantiago¿Quieres que tu empresa o negocio se anuncie aquí y formar parte de nuestra gran familia?