Avioloncellista principal da Orquestra de RTVE,SuzanaStefanovic, formaráneste instrumentos a novos talentos galegos

0 / 5
Añadir a favoritos

Contador de visitas y estadísticas

visitas desde 19/07/2016

A violoncellista principal da Orquestra de RTVE, Suzana Stefanovic, formará neste instrumentos a novos talentos galegos. Impartirá clases a vindeira semana na Escola de Altos Estudos Musicais, en Santiago

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, dispón dun programa de formación permanente dirixido aintérpretes novos. No marco deste proxecto, ofrécese a posibilidadede asistir ao longo do ano a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de prestixio internacional.

A vindeira semanacontarase coa presenza da violoncellista Suzana Stefanovic, o día 21 de abril. Ademais de alumnos da Escola, tamén poden asistir a estas sesións músicos externos ao centro.

SuzanaStefanovictoca un violoncello de 1827

Suzana Stefanovic naceu en Belgrado, ondeiniciou os seusestudos musicais aos sete anos de idade. Logo trasládase aos Estados Unidos e máis tarde a Barcelona, onde foi solista da Orquesta Ciudad de Barcelona e profesora no Conservatorio do Liceo. Leva case dúas décadas como solista da Orquestra de Radio Televisión Española e na actualidade é ademais profesora do Conservatorio de Guadalajara en Madrid.

Dende os inicios da súa carreira musical ten gañado numerosos galardóns. Destaca o Primeiro Premio do Concurso de Artistas Musicais en Zagreb en 1987 e o Premio “Outubro” da cidade de Belgrado á súa”intensa actividade musical” en 1980.

Tocou coas orquestras máis prestixiosas de Europa, entre elas a Orquestra de Cámara Europea; baixo a batuta de grandes directores. Ten estreado obras compostas para ela. Ofrece clases maxistrais por toda España e é convidada con frecuencia a impartir cursos en conservatorios e a traballar coas xoves orquestras do país. Toca un violoncello Gaetano Guadagnini do ano 1827.

 

enSantiago¿Quieres que tu empresa o negocio se anuncie aquí y formar parte de nuestra gran familia?