Alumnos da Escola de Altos Estudos Musicais ofrecen hoxe oderradeiro concerto do curso no Paraninfo da Universidade de Santiago

0 / 5
Añadir a favoritos

Alumnos da Escola de Altos Estudos Musicais, ofrecen hoxe mércores o derradeiro concerto do curso no Paraninfo da Universidade de Santiago. A actuación, que é gratuíta ata completar aforo, comezará ás 20:30 horas

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) ten en marcha a iniciativa “A Escola na Cidade”, un ciclo de concertos de música de cámara interpretados polos alumnos do Curso Avanzado de Especialización Orquestral do centro. As entradas destas actuacións son gratuítas ata completar aforo.

No marco deste programa, hoxe mércores, 13 de xuño, ás 20:30 horas, os rapaces ofrecerán un concerto no Paraninfo da Universidade de Santiago, na facultade de Xeografía e Historia, acompañados pola pianista Haruna Takebe.

En primeiro lugar actuará a percusionista Marta Rodríguez, que interpretaráas obras Coena Rudimentalisde Carlos Passeggi, Prism de Keiko Abe, un fragmento de Fertility Rites de Christos Hatzis e The whimsical nature of small particle physics de Ben Wahlund.De seguido, o fagotista Mario Vercher achegará ao público Andante e rondó húngaro de Weber e Ciranda das sete notas de Heitor Villa-Lobos.

A continuación,o violoncellista Jorge Merchán tocará un fragmento do Concerto para violoncello nº 2 de Haydn e parte do Concerto para violoncello de Dvorák, co que concluirá esta cita musical. Ponse así o broche final a este ciclo de actuacións de fin de curso dos alumnos da Escola de Altos Estudos Musicais.

enSantiago¿Quieres que tu empresa o negocio se anuncie aquí y formar parte de nuestra gran familia?