Inauguración de ‘Turismo e Fotografía. Català-Roca en Galicia’

0 / 5
Añadir a favoritos

Contador de visitas y estadísticas

visitas desde 19/07/2016

Hoxe as 20:00h, no Auditorio de Galicia, inauguración de ‘Turismo e Fotografía. Català-Roca en Galicia‘. Comisariada por Anxo Rabuñal e coa colaboración de Agar Ledo, a exposición coproducida entre o Pazo de Raxoi (Concello de Santiago de Compostela)-Auditorio de Galicia e o Concello da Coruña-Kiosco Alfonso, presenta unha importante escolma de imaxes do Fondo Fotográfico F. Català-Roca -Arxiu Històric del Col·legi d’Arquitectes de Catalunya (COAC), a meirande parte delas inéditas.

Francesc Català-Roca (Valls, 1922 – Barcelona 1998) é unha figura fundamental na historia da fotografía. A relevancia da súa obra valeulle recibir o Premio Nacional de Artes Plásticas en 1983, cando por vez primeira se concedía a un fotógrafo, e foi o primeiro fotógrafo con obra incorporada á colección permanente do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía. Durante a segunda metade do século XX, Català-Roca documentou boa parte da xeografía española, a realidade social da posguerra e o contexto sociopolítico do franquismo.

A exposición ‘Turismo e fotografía. Català-Roca en Galicia (1956-1972)’ é o resultado dunha longa investigación levada a cabo por Anxo Rabuñal no Arxiu Català-Roca, depositado no Col.legi Oficial d’Arquitectes de Catalunya, en Barcelona. Entre as máis de 200.000 imaxes que o fotógrafo rexistrou entre 1948 e 1998, consérvanse unhas 1.300 de Galicia, en gran parte inéditas. Esta investigación e a exposición recuperan para nós a crónica gráfica daquelas sete campañas que o fotógrafo realizou a Galicia, entre 1956 e 1976, por encargo da Dirección General de Turismo e de varias editoriais barcelonesas.

A mostra permite coñecer a un autor que fuxe dos estereotipos e o folclorismo, e retrata con dignidade e humor a vida cotiá, o traballo e a festa, e a contemporánea irrupción do turismo. Nas súas fotografías, Català-Roca mostra unha fidelidade documental que toma as rúas como escenario monumental dunha cidadanía heteróclita que mestura turistas, cregos, leiteiras, guardias e paisanos, sempre cun ollar luminoso e alegre para captar as transformacións e contrastes da época nesas imaxes revestidas polo fotógrafo dunha luz de respeito.

Conta coa colaboración do COAC, o Museo do Pobo Galego e o CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea).

enSantiago¿Quieres que tu empresa o negocio se anuncie aquí y formar parte de nuestra gran familia?